24 de Outubro de 2022

ACEM dispón dun novo servizo mediante un convenio de colaboración coa clínica Fisioterapeuta do Maior para ofrecer o servizo de pilates terapéutico a nos@s usuari@s. Este servizo está enfocado para cubrir aquelas necesidades físicas relacionadas co benestar da nosa columna, postura e saúde músculo-esquelética. Buscando tamén a melloría na calidade muscular do usuario (forza, resistencia e flexibilidade muscular), cun apoio fundamental en aparello respiratorio e diafragmático. E sen esquecer todos aqueles beneficios no ámbito neurolóxico tan necesarios na enfermidade da esclerose múltiple como o equilibrio, coordinación, propiocepción, sensibilidade…

Obxetivos

Dar información ás persoas que padecen EM e ás súas familias sobre a patoloxía e os seus síntomas e técnicas para o seu tratamento.

Facilitar o acceso de persoas que padecen unha EM ao servizo.

Conseguir que as persoas afectadas logren no posible unha máxima capacidade funcional e de mobilidade.

Fomentar a participación e iniciativa do paciente. Fomentar as súas relacións sociais. Favorecer a adherencia ao tratamento.

ACEM Esclerosis