FIRMA CONVENIO COLABORACIÓN SERVIZO DE PSICOLOXÍA

Esta mañá, Sonia García, presidenta de ACEM e Sara Otero López, psicóloga sanitaria, asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de brindar ferramentas emocionais e psicoeducativas para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por Esclerose Múltiple. Sara Otero incide na importancia de crear un espazo seguro onde compartir experiencias e emocións! Grazas a […]
Día Nacional EM 2024

Deixámosvos algunhas fotos do Día Nacional da Esclerose Múltiple. O noso máis sincero agradecemento a todas as persoas que colaboraron connosco neste día e a todos os que nos visitastes.
18 de diciembre día nacional EM

Con motivo do Día Nacional da Esclerose Múltiple ACEM organizará mesas informativas e de recadación de donativos en diferentes puntos da Coruña, co obxectivo de ofrecer información, dar visibilidade ao labor da asociación.
III Edición Camiñemos pola EM

ACEM únese por terceiro ano á campaña Camiñemos pola EM grazas á colaboración do Concello de Culleredo e AEDEM, realizando un traxecto de 2 km polo Paseo Marítimo do Burgo o vindeiro domingo 24 de Novembro, con motivo do Día Nacional da EM.
Fotos #movomEMBetanzos 2024

Concurso calendario solidario

En ACEM imos realizar un concurso de fotografía con motivo do 30 aniversario* para o noso Calendario Solidario ACEM 2025.
Gustaríanos contar coa vosa participación para que cada mes haxa unha imaxe que represente unha realidade e/o actividade diferente relacionada con “A vida con Esclerose Múltiple”
PROGRAMA DE ATENCIÓN SOCIAL, ASESORAMENTO E ATENCIÓN ESPECIALIZADA

ACEM conta cun cofinanciamento por parte da Xunta de Galicia procedente da subvención con cargo ao 0,7% do IRPF para a realización do programa, o cal está xestionado por COGAMI . A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) continúa realizando un programa de atención social, asesoramento e intervención especializada dedicada á prestación do servizo de traballo social, da que se benefician 6 persoas afectadas por esclerose múltiple e que contan cun grao alto de discapacidade.
FOTOS DÍA MUNDIAL

Con motivo do Día Mundial de EM colocamos mesas informativas en diferentes puntos da área sanitaria A Coruña e Cee.
3ª carrera solidaria #movomEMBetanzos

En menos de 2 meses volvemos coa 3ª edición da carreira solidaria Movomenbetanzos!!!! Este ano como novidade ademais da carreira 5k, a adaptada 0,7K teremos unha Andaina de 2,5K para que poidades participar todxs!! Coa túa inscrición levarasche unha mochila , unha camiseta e algunha sorpresa máis
Programa de mellora das habilidades sociais en persoas con EM

ACEM CORUÑA, grazas á ‘X Solidaria’, este 2024 continúa mellorando a calidade de vida de 90 persoas con Esclerose Múltiple
Grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF xestionados a través de FEGADEM, ACEM CORUÑA porá en marcha o ‘Programa de mellora das habilidades sociais en persoas con esclerose múltiple’ e “Rennovacion do material informático do centro de rehabilitación ACEM’ no ano 2024.