Día Mundial EM

O próximo 30 de maio conmemórase o día mundial da EM para sensibilizar e visibilizar a enfermidade.
Dende ACEM imos colocar mesas informativas por varios Concellos da área sanitaria da Coruña e Cee.
Servizo de Logopedia

Esta mañá Sonia García Erias, presidenta da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple e María Vega, asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de poder ofrecer o servizo de Logopedia aos nosos socios.
Masterclass solidaria a favor de ACEM

O sábado 17 de marzo no pavillón de Cerceda realizarase unha Masterclass solidaria
a favor da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple – ACEM.
Charla informativa sobre os beneficios da Logopedia na EM

O vindeiro venres 23 de Febreiro realizaremos no noso centro un taller en colaboración cos nosos compañeiros de @acemesclerosis sobre: Os beneficios e indicacións da Logopedia na Esclerose Múltiple.
Programa de mellora das relacións persoais

De febreiro a maio impartiremos un “Programa de mellora das relacións persoais” traballando as habilidades sociais e algunhas técnicas de relaxación e mindfulness para mellorar a xestión emocional e saúde mental.
O programa realizarase cada 15 días e poderase elixir horario de mañá (mércores-11.00) ou de tarde (xoves-16.00).
Podes chamar ó 677477495 ó 981240985 para máis información e para inscribirte.
Programa de Atención Social, Asesoramento e Atención Especializada

O programa foi posible grazas ao cofinanciamento de a Xunta de Galicia a través dos fondos de o 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron a casa de Actividades de interese xeral consideradas de interese social, coñecida como a X Solidaria.
Convocatoria: (FOIEV/2022) Programa de adquisición e cesión de vehículos ás entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a mellora dos servizos e/ou prestacións en materia de servizos sociais e/ou sociosanitarios durante o ano 2022

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, entregaron hoxe tres furgonetas, dúas delas adaptadas para o transporte de persoas con diversidade funcional, destinadas a outras tantas entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia.
9 persoas con Esclerose Múltiple da Coruña beneficiáronse en 2023 do servizo de Rehabilitación Neuropsicolóxica grazas á ‘X Solidaria’

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) ofreceu durante o 2023, dentro do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’, mediante o cal, un total de 9 persoas se beneficiaron del nos meses de xuño a decembro.
PROGRAMA DE COOPERACION DA XUNTA DE GALICIA

Este ano incorpórase ao noso equipo de traballo 1 novo profesional grazas aos Programas de Cooperación para entidades sen ánimo de lucro da Xunta de Galicia 😀 Jackeline, que desenvolverá o Programa de Atención e apoio nas necesidades básicas das persoas con Esclerose Múltiple !!!!
Programa de Xestión e coordinación da Rehabilitación

A Deputación da Coruña, a través da Convocatoria FOCVAA colaborou con 18.040 euros neste 2023 confiando na nosa entidade co “Programa de Xestión e coordinación da Rehabilitación “