DÍA NACIONAL EM 2023

O luns e martes 18 e 19 de decembro baixo o lema “Xuntos somos máis fortes que a Esclerose Múltiple”, estaremos a dar visibilidade e concienciando á sociedade sobre a realidade das persoas con esclerose múltiple coa posta de mesas informativas e recadación de donativos en varios puntos da cidade, centros comerciais e edificios administrativos.

CONTEMOS HISTORIAS

Para conmemorar o Día Nacional da Esclerose Múltiple, que se celebra cada ano o 18 de Decembro, AEDEM-COCEMFE en colaboración coas súas 46 asociacións lanzou a campaña ‘Contemos historias (con Esclerose Múltiple’).

PARTIDO GRADA SOLIDARIA DEPORTIVO HOCKEY CLUB LICEO

O sábado puidemos gozar do partido Liceo – Alcoi grazas á bancada solidaria dedicada a a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple !!!

Moitísimas grazas ao DEPORTIVO HÓCKEY CLUB LICEO por convidarnos e poder gozar con eles a súa vitoria no partido do sábado.

Deixámosvos algunhas fotos do partido.

XANTAR NADAL 2023

O pasado sábado 2 de decembro a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple reuniu a algúns dos seus socios na comida do Nadal,, na que gozaron da actuación en directo Aixa Romay.

CHARLA SOBRE A DETERIORACIÓN COGNITIVA NA EM

Dende ACEM organizamos unha charla informativa coas neurólogas Ana López Real e Carmen Lema Devesa sobre a DETERIORACIÓN COGNITIVA NA EM.

Será o vindeiro mércores 13 decembro ás 17.00h no Salón de actos – 4ª planta CHUAC (entrada polo edificio antigo)

Imprescindible confirmar asistencia de maneira INDIVIDUAL antes do luns 11 de decembro na seguinte ligazón ou nos teléfonos da asociación.

LOTERÍA NADAL 2023

Xa temos a lotería de Nadal de Acem.
As participacións son de 5€ (donativo 1€)
Para adquirila podedes contactar connosco nos tlfs 981240985/ 677477495 ou pasarvos pola asociación.

CONCERTO SOLIDARIO

Concerto solidario no el Praia Clube Coruña a favor da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple