- A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) ten en marcha o ‘Programa de atención integral a persoas con EM’ gracias ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF e xestionado a través de FEGADEM.
- A subvención permite á ACEM a contratación de un profesional para o servizo de rehabilitación neuropsicolóxica, así como a mellora das capacidades cognitivas afectadas, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con EM da comunidade galega.
- Gracias a esta axuda, a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple, membro da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), poden manter e mellorar este ano os seus servizos psicosociais e rehabilitadores.
A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) ofrece, dentro do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’ da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), o servizo de ‘Rehabilitación Neuropsicolóxica’ co fin de potenciar a recuperación das capacidades cognitivas afectadas das persoas con Esclerosis Múltiple (EM).
A través de servicio de Rehabilitación Neuropsicolóxica, ACEM ofrece sesións grupais dirixidas a mellorar as capacidades cognitivas, facilitar estratexias de compensación e sustitución e proporcionar apoio emocional para facilitar o proceso de adaptación a nueva situación das persoas usuarias
A contratación dunha profesional para o servicio de Rehabilitación Neuropsicolóxica, do que se benefician un total de 9 persoas, quedou cuberta gracias ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos del 0,7% do IRPF da declaración da Renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeneral consideradas de interese social”; os cales son xestionados por FEGADEM (Federación Galega de Esclerose Múltiple) a través do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’ .
ESCLEROSE MÚLTIPLE
A Esclerose Múltiple é unha das enfermidades máis comúns do sistema nervioso central que afecta en España a máis de 47.000 persoas, sendo Galicia o área con a prevalencia máis alta habendo na actualidade máis de 4.000 persoas diagnosticadas. A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica autoinmune, desmielinizante, neurodexenerativa e progresiva do Sistema Nervioso Central.
Os síntomas tempráns máis habituais son a fatiga, problemas de visión, formígueos, entumecementos, vértixes e mareos, debilidade muscular, espasmos y problemas de equilibrio e coordinación. Moitas manifestacións da enfermidade son ‘invisibles’, pero inciden no día a día destas persoas.
A incapacidade que provoca caracterizase por trastornos motores, cognitivos e da agudeza visual, acompañada de outras alteracións coma ansiedade e depresión
QUE É ACEM?
A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) é unha entidade sen ánimo de lucro que leva traballando en prol das persoas afectadas pola Esclerose Múltiple e as súas familias dende o ano 1995. Dende a entidade ofrécese información e asesoramento sobre a enfermidade ás persoas afectadas pola EM e familiares, facilitase o acceso a sistemas de axuda nun ámbito multidisciplinar para ofrecer unha adecuada atención nas distintas fases da enfermidade e lograr así unha mellora na súa calidade de vida, ademáis de sensibilizar á opinión pública dos problemas e consecuencias desta enfermidade neurolóxica, crónica e dexenerativa.