15 de Decembro de 2023

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1995 co fin de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas, así como a dos seus familiares e coidadores. A asociación abarca toda a área sanitaria da Coruña-Cee. Ademais, ten como propósito dar visibilidade e divulgación para defender os dereitos das persoas afectadas e dar información da enfermidade. Por iso, sempre baixo o lema “Xuntos somos máis fortes que a Esclerose Múltiple”, aproveitamos cada 18 de decembro para concienciar á sociedade sobre a realidade das persoas con esclerose múltiple coa posta de mesas informativas e recadación de donativos en varios puntos da cidade, centros comerciais e edificios administrativos.

Luns 18 de dedembro

Centro Comercial Alcampo de 10.30 a 14.00 y de 16.00 a 20.00 h

Juan Flórez (frente a Cortefiel) de 10.00 a 14.00

Carrefour (Alfonso Molina) de 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 19.30h

Ramón y Cajal (entrada CC Cuatro Caminos) de 10.30 a 14.00 y de 16.00 a 19.00h

Martes 19 de decembro

Edificio Novos Ministerios de 09.30 a 14.00h

Edificio Xulgados de 09.30 a 14.00h


Para máis información, poden contactar nos teléfonos 981 24 09 85/677 477 495 ou á dirección de correo electrónico acem@acemesclerosis.org

ACEM Esclerosis