ACEM CORUÑA, grazas á ‘X Solidaria’, este 2024 continúa mellorando a calidade de vida de 90 persoas con Esclerose Múltiple
- Grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF xestionados a través de FEGADEM, ACEM CORUÑA porá en marcha o ‘Programa de mellora das habilidades sociais en persoas con esclerose múltiple’ e “Renovacion do material informático do centro de rehabilitación ACEM’ no ano 2024.
- A subvención permitirá á Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple contratar a un profesionais para integración social, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con EM da comunidade galega.
- Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple, membro da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), grazas a esta axuda poderá manter e mellorar este ano os seus servizos de rehabilitación coa renovación do material de oficina.
A CORUÑA| 27/05/2024
A Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple, membro da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), ofrecerá un ‘Programa de mellora das habilidades sociais en persoas con esclerose múltiple’ co fin de mellorar a calidade de vida proporcionando apoio emocional, aprendendo a identificar as necesidades individuais, logrando un maior coñecemento da enfermidade, establecendo medios para mellorar as relacións interpersoais e creando rede de apoio social nas persoas con Esclerosis Múltiple (EM). A través do servicio de Nome do servizo Integración Social, Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple, ofrece asesoramiento individual para crear un plan de autonomia persoal individualizada, talleres sociais grupais para manter ou mellorar as relacións sociais e crear rede de apoio, saídas culturais e de lecer para favorecer na mellora de calidade de vida.
Para o servizo de Integración Social, contratarase a un profesional grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da Renda, procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’. Deste programa beneficiaranse un total de 90 persoas.
Ademais, con esta axuda a través da súa liña de proxectos de inversión e renovación de centros de atención destinados a persoas con discapacidade poderá renovar o material de oficina co fin de realizar a transformación dixital da entidade.
ESCLEROSE MÚLTIPLE
A Esclerose Múltiple afecta en España a preto de 55.000 persoas, constituíndose como unha das enfermidades máis comúns do Sistema Nervioso Central (SNC). Galicia é a área coa prevalencia máis alta, habendo na actualidade arredor de 4.500 persoas diagnosticadas. A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica autoinmune, desmielinizante, neurodexenerativa e progresiva do SNC.
Os síntomas temperáns máis habituais son a fatiga, problemas de visión, formígueos, entumecementos, vértixes e mareos, debilidade muscular, espasmos y problemas de equilibrio e coordinación. Moitas manifestacións da enfermidade son ‘invisibles’, pero inciden no día a día destas persoas. A incapacidade que provoca caracterizase por trastornos motores, cognitivos e da agudeza visual, acompañada de outras alteracións coma ansiedade e depresión.
QUE É ASOCIACIÓN CORUÑESA DE ESCLEROSIS MÚLTIPLE?
Por iniciativa de varios afectados coruñeses de Esclerose Múltiple (EM), créase en 1995 na Coruña a «Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple» como entidade xuridicamente independente co fin de poder ser a entidade de referencia para que as persoas con esclerose múltiple e os seus familiares poidan resolver as súas dúbidas, recibir servizos específicos para persoas afectadas e crear unha rede social de persoas que se apoian e compréndense. En definitiva, a función de ACEM é axudar aos pacientes con EM a mellorar a súa calidade de vida en todos os niveis.