25 de Xuño de 2024

ACEM REALIZA UN PROGRAMA DE ATENCIÓN SOCIAL, ASESORAMENTO E ATENCIÓN ESPECIALIZADA DO QUE SON BENEFICIARIAS 6 PERSOAS CON ESCLEROSE MÚLTIPLE


ACEM conta cun cofinanciamento por parte da Xunta de Galicia procedente da subvención con cargo ao 0,7% do IRPF para a realización do programa, o cal está xestionado por COGAMI . A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) continúa realizando un programa de atención social, asesoramento e atención especializada dedicada á prestación do servizo de traballo social, da que se benefician 6 persoas afectadas por esclerose múltiple e que contan cun grao alto de discapacidade.

A través da realización deste programa, a entidade ten como obxectivo cubrir as distintas necesidades que poden presentar as persoas afectadas con esclerose múltiple, ademais de tentar minimizar aquelas dificultades coas que se atopa a persoa na súa vida diaria. Este programa, o cal está xestionado por COGAMI, está cofinanciado pola Xunta de Galicia, con fondos que proveñen da subvención con cargo ao 0,7 % do IRPF.

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple – ACEM é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa a persoas con esclerose múltiple e aos seus familiares. O ámbito de actuación abarca todo o territorio da provincia da Coruña e nela promóvense toda clase de actividades e información destinadas a mellorar a situación e calidade de vida das persoas afectadas por esta enfermidade.

O teu X pode cambiar a vida de moitas persoas!

ACEM Esclerosis