DURANTE 2024 ACEM REALIZOU UN PROGRAMA DE ATENCIÓN SOCIAL, ASESORAMENTO E INTERVENCIÓN ESPECIALIZADA PARA PERSOAS CON ESCLEROSE MÚLTIPLE DO QUE SE BENEFICIARON 8PERSOAS GRAZAS Á ‘X SOLIDARIA’
O programa foi posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% del IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron a casa de Actividades de interese xeral consideradas de interese social, coñecida como a X Solidaria.
A Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple (ACEM) realizou durante o 2024 o servizo de traballo social a través do programa de atención social, asesoramento e intervención especializada do que se beneficiaron 8 persoas afectadas por esclerose múltiple e cun cun alto grao de discapacidade, sendo 2 homes e 6 mulleres. O que se pretendía lograr con este programa é minimizar aquelas dificultades coas que se atopan as persoas afectadas de Esclerose Múltiple e dese modo potenciar o seu nivel de autonomía persoal.
Para conseguir este obxectivo desde o servizo de traballo social ofreceuse información, asesoramento e axuda sobre os distintos recursos existentes aos que poden acceder as persoas con esclerose múltiple.
Este programa foi posible levalo a cabo grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF, a cal é xestionada desde COGAMI.