14 de Outubro de 2025

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple ACEM, pon en marcha  o proxecto Transporte Adaptado para persoas con Esclerose Múltiple.


ACEM está a desenvolver un proxecto para facilitar ás persoas con esclerose múltiple da Coruña e área metropolitana o acceso a diferentes servizos sociosanitarios a través dun transporte adaptado.

Este proxecto está a beneficiar a 30 persoas con discapacidade da provincia da Coruña  que acoden aos diferentes servizos de xullo a decembro.

Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) financiado pola Fundación ONCE.

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple ACEM está a desenvolver durante os meses de xullo a decembro  de 2025  o proxecto “Transporte Adaptado para persoas con Esclerose Múltiple”, co que 30 persoas da provincia da Coruña  están a recibir un servizo de transporte adaptado que lles permite acudir  e recibir diferentes servizos sociosanitarios. 

Con este proxecto, presentado a través da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), preténdese facer accesible a contorna, eliminando as barreiras de accesibilidade que impiden ou dificultan o desprazamento para a realización dos servizos asistenciais de ACEM das persoas con mobilidade reducida contribuíndo dese modo na súa calidade de vida. 

O servizo realízase de porta a porta recollendo á xente no seu domicilio ou contorna de orixe para levala ao centro para realizar as actividades e viceversa. Con isto mellóranse aspectos relacionados coa súa saúde a nivel sociosanitario, como na mellora da súa independencia en Actividades da Vida Diaria (AVD) e as Actividades Instrumentais da súa Vida Diaria ( AIVD). 

“Desde a nosa asociación, consideramos que este servizo é fundamental para garantir o acceso a tratamentos e terapias de rehabilitación, así como para fomentar a autonomía persoal das persoas que atendemos. O noso compromiso é seguir traballando para que o transporte adaptado sexa unha ferramenta real de inclusión e mellora da calidade de vida.” afirma Sonia García Erias, presidenta de ACEM. 

Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso. 


ACEM é unha asociación sen ánimo de lucro de pacientes que ofrece información, servizos e recursos a persoas con esclerose múltiple e os seus familiares desde o ano 1995 como personalidade xurídica propia e independente.

ACEM Esclerosis