Onte 3 de decembro participamos na iniciativa “Baixo ou Mesmo Paraugas” na Coruña, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Un acto necesario que nos lembra a importancia da visibilidade, a inclusión e o apoio mutuo. Cando nos reunimos baixo un mesmo paraugas, demostramos que a diversidade nos une e que a sociedade avanza cando todas as persoas poden participar en igualdade ☂️
Grazas a todas as entidades e persoas que fixeron posible este encontro. Sigamos construíndo espazos máis accesibles, máis xustos e máis humanos. 🫂 @galiciadiversa
