16 de Xaneiro de 2026
  • A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) desenvolveu dous programas con fondos xestionados pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), e grazas ao confinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF.
  • Esta subvención permitiu a ACEM desenvolver o seu programa de mellora das habilidades sociais en persoas con EM e as súas familias, para o que contratou a un profesional. Tamén adquiriu material para programas de rehabilitación para persoas con EM grazas a esta axuda.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2026

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM), membro da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), beneficiou este 2025 a 110 persoas grazas aos seus programas cofinanciados pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF, procedentes das persoas que marcaron o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’ na declaración da renda.

ACEM, grazas a esta axuda, desenvolveu durante este 2025 o seu programa de mellora das habilidades sociais en persoas con Esclerose Múltiple (EM) e as súas familias, para favorecer a súa calidade de vida, promovendo o apoio social e identificando as necesidades individuais de cada persoa. Deste programa beneficiáronse 110 persoas de A Coruña e arredores, e permitiu a contratación de un profesional.

A asociación, dentro deste programa, levou a cabo actividades como talleres psicosociais, saídas culturais e actividades de ocio, nas que se traballaron habilidades sociais como a empatía, a intelixencia emocional, a escoita activa, e a resolución de conflictos.

Ademáis, grazas a esta subvención, a asociación adquiriu equipamento audiovisual para a realización de programas de rehabilitación con persoas con EM, do que se beneficiaron 110 usuarios e usuarias.

QUE É A ESCLEROSE MÚLTIPLE

A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica, autoinmune e neurodexenerativa que afecta ao Sistema Nervioso Central. Están diagnosticadas máis de 60.000 persoas en España e a arredor de 4.500 en Galicia. Non ten cura, pero existen tratamentos farmacolóxicos e rehabilitadores que poden axudar a mellorar a calidade de vida. Os síntomas son moi variados, polo que recibe o nome da ‘enfermidade das mil caras’.

QUE É ACEM

ACEM é unha entidade sen ánimo de lucro que atende a persoas con esclerose múltiple e ás súas familias na provincia da Coruña, ofrecendo información, asesoramento e apoio multidisciplinar para mellorar a súa calidade de vida, así como accións de sensibilización social sobre esta enfermidade.

ACEM Esclerosis