24 de Febreiro de 2026

Culleredo acolle o segundo encontro para persoas mozas con Esclerose Múltiple organizado por ACEM para compartir experiencias, crear e conectar

Culleredo, 24/02/2026

Mañá, ás 18:00 horas, terá lugar no Reitoral de Celas o segundo encontro dirixido a persoas mozas con Esclerose Múltiple, un espazo pensado para reunirse, coñecerse e gozar de actividades creativas nun ambiente próximo e positivo.

A iniciativa, organizada pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM), busca crear un punto de encontro onde mozos que conviven con Esclerose Múltiple poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e, sobre todo, pasar un bo intre.

Durante a tarde desenvolveranse diferentes actividades participativas centradas na creatividade, a expresión e o lecer, deseñadas para fomentar a conexión entre as persoas asistentes.

O encontro pretende reforzar a comunidade, combater o illamento que en ocasións acompaña á enfermidade e demostrar que tamén hai espazo para a diversión, a creatividade e as novas amizades.

A participación está aberta a persoas mozas con Esclerose Múltiple que desexen achegarse, coñecer a outras persoas nunha situación similar e gozar dunha experiencia diferente.

📍 Lugar: Rectoral de Celas, Culleredo

   🕕 Hora: 18:00

 📅 Fecha: 25/02/2026

ACEM Esclerosis