Previous
Next

actualidade

DÍA NACIONAL 2025

O 18 de decembro conmemórase o Día Nacional da Esclerose Múltiple.
Día no que puxemos mesas informativas para :
Dar visibilidade á esclerose múltiple Reivindicar dereitos e recursos para as persoas que conviven con ela Sensibilizar á sociedade sobre a enfermidade  Pequenos xestos, grandes apoios

Ver máis

CHARLA SOBRE FATIGA CRÓNICA

O 16 de decembro, con motivo do día nacional habemos celebrado a charla sobre Fatiga Crónica, na que o Dr. Ricardo Vázquez, médico rehabilitador, e Rodrigo Rubial, director da clínica @fisioterapeuta_de o_maior , abordaron os aspectos clave deste síntoma e compartiron recomendacións prácticas para a súa manexo no día a día.

Ver máis

DÍA DA DISCAPACIDADE

Ayer 3 de diciembre participamos en la iniciativa “Baixo o Mesmo Paraguas” en A Coruña, con motivo del Día Internacional de las Personas con Discapacidad.
Un acto necesario que nos recuerda la importancia de la visibilidad, la inclusión y el apoyo mutuo. Cuando nos reunimos bajo un mismo paraguas, demostramos que la diversidad nos une y que la sociedad avanza cuando todas las personas pueden participar en igualdad

Ver máis

PRESENTACIÓN LIBRO “EMILIO Y LA CIUDAD DE LOS CABLES INVISIBLES”

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) e a Deputación da Coruña , presentaron novos exemplares do conto infantil “Emilio y la ciudad de los cables invisibles”, unha ferramenta pensada para axudar a explicar a esclerose múltiple ás nenas e nenos 📚

O libro conta a historia de EMilio, un pequeno habitante dunha cidade luminosa baixo terra e axudante do Ratonciño Pérez, que chega para acompañar a Sofía e axudala a entender a enfermidade da súa nai. A través da metáfora dos cables invisibles, o conto explica dun xeito tenro e sinxelo como afecta a esclerose múltiple ao sistema nervioso.

Ver máis

Proxecto de mantemento de servicio de transporte adaptado

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple ACEM está a desenvolver durante os meses de xullo a decembro  de 2025  o proxecto “ mantemento do servizo de transporte adaptado”, co que 30 persoas da provincia da Coruña  están a recibir un servizo de transporte adaptado que lles permite acudir  e recibir diferentes servizos sociosanitarios. 
Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) financiado pola Fundación ONCE.

Ver máis