
PROGRAMA DE ATENCIÓN SOCIAL, ASESORAMENTO E ATENCIÓN ESPECIALIZADA
ACEM conta cun cofinanciamento por parte da Xunta de Galicia procedente da subvención con cargo ao 0,7% do IRPF para a realización do programa, o cal está xestionado por COGAMI . A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) continúa realizando un programa de atención social, asesoramento e intervención especializada dedicada á prestación do servizo de traballo social, da que se benefician 6 persoas afectadas por esclerose múltiple e que contan cun grao alto de discapacidade.







