orixe

orixe

Por iniciativa de varios afectados coruñeses de Esclerose Múltiple ( EM), créase en 1995 na Coruña a Asociación denominada “Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple” como entidade xuridicamente independente, habendo sendo ata entón, desde o ano 1984, unha delegación da Asociación Española de Esclerose Múltiple e sendo actualmente membro activo da mesma.

misión

É misión de ACEM promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con EM e outras persoas con discapacidade para conseguir a súa plena integración.

misión

visión

visión

Ser unha entidade de referencia para as persoas afectadas pola esclerose múltiple así como a das súas familias nas que se promova toda clase de actividades e información destinadas a mellorar a súa situación e a súa calidade de vida, co obxecto de favorecer a integración e normalización persoal, familiar e social daquelas persoas que padecen esta enfermidade.

valores

ACEM defínese como unha entidade que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gobernamental e de carácter voluntario. Basea a súa actuación nos seguintes valores:
  • Democracia interna.
  • Solidariedade entre os seus membros.
  • Transparencia na xestión e na actuación da entidade e os seus socios.
  • Evitar protagonismos e actitude competitivas.
  • A defensa dos afectados de EM en particular co colectivo de discapacitados en xeral como titulares de dereitos, evitando as mensaxes sentimentalistas e asistenciais.

valores

obxectivos

obxectivos

  • Promover a agrupación de todos os enfermos de EM e os seus familiares.
  • Defender a dignidade e os dereitos das persoas con EM e con discapacidade.
  • Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas que padecen EM ou algunha discapacidade.
  • Crear as condicións para que as persoas asociadas poidan cumprir adecuadamente a misión.
  • Promover actitudes sociais positivas ante as persoas con EM ou discapacidade.
  • Promover a lexislación adecuada que mellore a situación dos afectados por EM ou do colectivo dos discapacitados.

ámbito de actuación

O ámbito de actuación de ACEM abarca todo o territorio da provincia da Coruña

ámbito de actuación

número de socios

número de socios

Conta cun total de 294 socios, dos cales 201 son afectados e 93 colaboradores.