En pacientes con Esclerose Múltiple, adoitamos atopar dificultades ou alteracións nos procesos que se abordan desde a logopedia. Estes son o fala, a linguaxe, a respiración, a voz e a deglución. Tamén, abórdanse diferentes funcións executivas que participan de maneira indirecta nos procesos mencionados anteriormente.
Xeral:
- Previr, diagnosticar e tratar as alteracións para conseguir unha boa comunicación e unha deglución segura e eficaz.
 
Específicos:
- Mellorar o ritmo e a intelixibilidade do discurso.
 
- Estimular a musculatura facial, lingual e bucal para favorecer a mobilidade coordinada e precisa.
 
- Lograr un patrón respiratorio máis beneficioso para mellorar a coordinación tanto fonorrespiratoria como de respiración – deglución.
 
- Conseguir que a deglución sexa segura e eficaz, adestrando manobras deglutorias e/o adaptando a dieta.
 
- Mellorar a emisión da voz tentando diminuír a fatiga.