piscina

As clases de piscina comezaron en outubro do 2015. Son clases personalizadas grupais adaptadas a persoas con EM. Realízanse no Complexo Deportivo de Rialta-A Zapateira en grupo de 4-5 persoas (dependendo do grao de independencia)

Impártense dous días á semana, en horario de mañá .

Os obxectivos da actividade son:
  • Potenciar o traballo en equipo.
  • Potenciar a participación social.
  • Potenciar as capacidades físicas a través de exercicios que impliquen a mobilización corporal.
  • Favorecer o benestar psicolóxico

metodoloxía

Para acudir á actividade solicítase por medio do servizo de xestión e administración de ACEM, os cales comunican o alta no servizo e as necesidades dos usuarios ao servizo de xestión do complexo deportivo. A actividade á súa vez estrutúrase da seguinte maneira:
  1. Quecemento con exercicios de respiración e estiramentos.
  2. Exercicios na piscina de mobilidade articular, coordinación, equilibrio, marcha…
  3. Volta á calma con exercicios de respiración e estiramentos.