28 de Setembro de 2021

A Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple (ACEM) con motivo do Día Mundial de esta enfermidade (30 de maio) participou na “BARBERÍA SOLIDARIA” durante catro edicións da man do barbeiro coruñés José Segundo Mallo e o Concello de A Coruña. Tratase dunha iniciativa na que numerosos barbeiros/as procedentes de varias comunidades danse cita na Coruña para participar nun acto benéfico en favor da nosa entidade e na que tamén colaboran distintas empresas do sector da alimentación, productos de cosmética e barbería, entidades bancarias, e entidades do terceiro sector.

O obxectivo da actividade é aumentar as canles de visibilidade da Esclerose Múltiple entre a cidadanía, ademáis da nosa entidade e a súa labor, así como a recadación de donativos destinados ao mantemento dos servicios sociosanitarios e a favorecer a calidade de vida das persoas con diversidade funcional da asociación.

ACEM Esclerosis