29 de Xullo de 2022

1ª CARRERA KMSOLIDARIOS #MóvomEmBetanzos Desde a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) organizamos a 1ª Carreira Solidaria #MóvomeEmBetanzos a favor da esclerose múltiple co concello de Betanzos. Esta carreira celebrarase o próximo 25 de setembro ás 10.00h na Praza Irmáns García Naveira de Betanzos e contará con diversas actividades de animación (Zoa, música, inchable). Podes inscribirche nalgunha das seguintes modalidades:

5 KM – 5€

Inclusión (700 m) – 3€

Menores (menores de 16 anos): inscrición gratuíta

Dorsal 0 (doazón voluntaria) Para participar na carreira será necesario inscribirse a través do seguinte link:

https://ccnorte.com/evento/detalle/page/9/id/2381/1-carrera-movemembetanzo

A finalidade do evento é aumentar as canles de visibilidade da Esclerose Múltiple entre a cidadanía, dar a coñecer a asociación e o seu labor, así como a recadación de donativos que irán destinados ao mantemento dos servizos sociosanitarios da entidade.

Para máis información, poden poñerse en contacto nos Tlfs. 981 24 09 85 – 677 477 495 ou a través do correo acem@acemesclerosis.org

ACEM Esclerosis