30 de Decembro de 2022

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) realizou ao longo deste ano un programa de atención social e asesoramento especializado, destinado á prestación do servizo de traballo social. A través deste programa púidose atender a 8 persoas afectadas por esclerose múltiple cun alto grao de discapacidade. Coa realización deste servizo, desde a entidade preténdense cubrir as distintas necesidades que presentan as persoas con esclerose múltiple e, ao mesmo tempo, téntase minimizar aquelas dificultades coas que se atopa a persoa no seu día a día para lograr unha mellora na súa calidade de vida. Para levar a cabo este programa, ACEM contou cun cofinanciamento por parte da Xunta de Galicia procedente da subvención, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo ao 0,7 % do IRPF a cal é xestionada pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

programa atención social

ACEM Esclerosis