Un ano máis a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) volverá realizar a quinta edición da “BARBERÍA SOLIDARIA”.
Nesta iniciativa, numerosos barbeiros e barbeiras procedentes de diferentes comunidades danse cita na Couña , para participar nun acto benéfico a favor da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple-ACEM. Esta actividade está organizada en colaboración co Concello da Coruña a e coa organización do barbeiro coruñés José Segundo Mallo. Neste evento tamén colaboran distintas empresas do sector da alimentación, produtos de cosmética e barbaría, entidades bancarias, e entidades do terceiro sector.
Esta V edición, terá lugar o sábado 17 de xuño de 15.00-21.00h no Cantón Grande, xunto ao Obelisco.
50 barbeiras, barbeiros e perruqueiras procedentes de Córdoba, Madrid, Toledo e diferentes cidades galegas desprazaranse á Coruña para traballar en favor da Esclerose Múltiple.
O obxectivo da actividade é aumentar as canles de visibilidade da Esclerose Múltiple entre a cidadanía, ademais da entidade ACEM e o seu labor, así como a recadación de donativos que irán destinados ao mantemento dos servizos sociosanitarios e a favorecer a calidade de vida das persoas afectadas da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple-ACEM.
O donativo destinado a manter os servizos de ACEM:
Corte de pelo: 8€
Arranxo barba: 8€
Peiteado: 8 €
Corte de pelo e peiteado:16 €