2ª CARRERA KMSOLIDARIOS #MóvomEmBetanzos
Desde a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) volvemos a organizar la 2ª Carreira Solidaria #MóvomeEmBetanzos a favor da esclerose múltiple co concello de Betanzos. Esta carreira celebrarase o próximo 17 de setembro ás 11:00h en Betanzos e contará con diversas actividades de animación (Zumba, música… ).
A finalidade do evento é aumentar as canles de visibilidade da Esclerose Múltiple entre a cidadanía, dar a coñecer a asociación e o seu labor, así como a recadación de donativos que irán destinados ao mantemento dos servizos sociosanitarios da entidade.
Para máis información, poden poñerse en contacto nos Tlfs. 981 24 09 85 – 677 477 495 ou a través do correo acem@acemesclerosis.org
II Carrera Solidaria MóvomEmBetanzos