Con motivo do Día Nacional da Esclerose Múltiple, queremos reclamar ás administracións públicas un financiamento estable e suficiente para garantir o futuro das asociacións de esclerose múltiple e asegurar o seu labor, clave para miles de persoas. A nosa campaña de “Xuntos somos máis fortes que a Esclerose Múltiple” é un chamamento ao compromiso e solidariedade da sociedade como das administracións. Queremos un futuro con maior accesibilidade e oportunidades, todo xesto de colaboración achéganos a un futuro mellor para as persoas con esclerose múltiple e as súas familias”, sinala Sonia García, presidenta de Acem.
ACEM organizará mesas informativas e de recadación de donativos en diferentes puntos da Coruña, co obxectivo de ofrecer información, dar visibilidade ao labor da asociación. As mesas estarán dispoñibles en:
Centro Comercial Alcampo: 10:30-14:00 e 16:00-20:00h
Carrefour (Alfonso Molina): 10:30-14:00 e 16:00-20:00h Edificio Novos Ministerios: 09:30-14:00h Rúa
Ramón e Cajal (entrada principal 4 Camiños): 10:30-14:00
e 16:00- 20:00h Rúa Juan Flórez (fronte a Cortefiel): 10:30-14:00h
Cantón Pequeño (diante do edificio de Ocaso): 09:30-19:00h
Ademais, a noite do 18 ao 19 de decembro, como xesto simbólico para visibilizar a esclerose múltiple e sensibilizar á cidadanía, iluminaranse de cor vermella dous lugares emblemáticos: a Fonte de Catro Camiños, o Castillo de Santa Cruz (Oleiros), Polígono de Bergondo e Concello de Betanzos.
Desde ACEM convida a toda a comunidade a achegarse ás nosas mesas informativas, contribuír con donativos ou compartir o lema en redes sociais para dar visibilidade a esta campaña. “Xuntos somos máis fortes que a Esclerose Múltiple” co #MasFuertesQuelaEM.