27 de Decembro de 2024

Esta mañá, Sonia García, presidenta de ACEM e Sara Otero López, psicóloga sanitaria, asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de brindar ferramentas emocionais e psicoeducativas para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por Esclerose Múltiple.

Sara Otero incide na importancia de crear un espazo seguro onde compartir experiencias e emocións! Grazas a este convenio, poderemos ofrecer o servizo de apoio psicolóxico en MFL Psicoloxía a todas as persoas afectadas pola enfermidade a partir de xaneiro.

Confiamos en que este convenio de colaboración sexa de gran axuda para os nosos asociados.

ACEM Esclerosis