15 de Xaneiro de 2025

O programa foi posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia  a través dos fondos
do  0,7% del IRPF  , xestionados pola Federación Galega de Esclerose Múltiple
(FEGADEM).

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) puido ofrecer o servizo grazas ás
subvencións que as persoas contribuíntes derivaron marcando o cadro de ‘Actividades de
interese xeral consideradas de interese social’ na súa declaración da renda.

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) ofreceu este 2024 un programa de mellora das habilidades sociais en persoas con Esclerose Múltiple, do que se beneficiaron 90 persoas.


Este programa ten como obxectivos mellorar a calidade de vida proporcionando apoio emocional, aprendendo a ser e identificar as necesidades individuais, logrando un maior coñecemento da enfermidade, establecendo medios para mellorar as relacións interpersoais e creando unha rede de apoio social nas persoas con Esclerose Múltiple (EM).


Este programa conta do cofinanciamento da Xunta de Galicia  , a través da convocatoria de
subvencións destinadas a programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do
 0,7% del IRPF  , grazas ás persoas que marcaron a casilla de actividades de interese social, coñecida como ‘X Solidaria’.

Esta subvención foi xestionada pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), no marco do seu ‘Programa de información, orientación e asesoramento para mellorar a calidade de vida das persoas con EM’.


Grazas a este financiamento foi posible a contratación dunha integradora social, que ofreceu
asesoramento individualizado para crear un plan de autonomía persoal, talleres sociais grupais para manter ou mellorar as relacións e crear unha rede de apoio e saídas culturais e de ocio para favorecer a mellora da calidade de vida das persoas con EM da Coruña e da súa contorna.

ACEM Esclerosis