A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple vai desenvolver desde o 1 de xaneiro ata o 30 de xuño de 2025 un “Programa de acollida e información a persoas con Esclerose Múltiple e familiares”, co que se prevé que unhas 25 de persoas afectadas de Esclerose Múltiple e os seus familiares da provincia da Coruña véxanse beneficiadas por este servizo no que recibirán unha atención personalizada, apoio emocional e información especializada sobre a enfermidade.
Con este proxecto, presentado a través da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), preténdese mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas de Esclerose Múltiple e da súa contorna familiar, facilitando o seu proceso de adaptación á enfermidade e promovendo a súa participación activa na comunidade.
O programa baséase nunha atención psicolóxica, ofrecendo un espazo de acollida, orientación e acompañamento ás persoas afectadas e ás súas familias. Inclúe unha intervención individualizada que permite reducir a incerteza que xera a enfermidade, fortalecer redes de apoio e fomentar a autonomía dos beneficiarios.
Segundo Sonia García Erias, presidenta da entidade, “a Esclerose Múltiple é unha enfermidade que afecta física e emocionalmente desde o primeiro momento. Con este programa, buscamos que ninguén senta só nin desorientado nun momento tan difícil”. Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.

