20 de Novembro de 2025

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) e a Deputación da Coruña , presentaron novos exemplares do conto infantil “Emilio y la ciudad de los cables invisibles”, unha ferramenta pensada para axudar a explicar a esclerose múltiple ás nenas e nenos 📚

O libro conta a historia de EMilio, un pequeno habitante dunha cidade luminosa baixo terra e axudante do Ratonciño Pérez, que chega para acompañar a Sofía e axudala a entender a enfermidade da súa nai. A través da metáfora dos cables invisibles, o conto explica dun xeito tenro e sinxelo como afecta a esclerose múltiple ao sistema nervioso.

Un recordo importante: “cando coñeces algo, deixa de dar tanto medo”

Por iso materiais como este contribúen a reducir estigmas e favorecer o diálogo nas familias

👏🏻 Grazas especiais a Mar García Vidal, deputada de Política Social da Deputación da Coruña, polo seu apoio e compromiso con esta iniciativa que achega información, empatía e esperanza.

ACEM Esclerosis