Previous
Next

transporte adaptado

Grazas á convocatoria da Deputación da Coruña (FOIEV/2022) Programa de adquisición e cesión de vehículos a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a mellora de servizos e/o prestacións en materia de servizos sociais e/o sociosanitarios durante o ano 2022.
ACEM dispón desde xaneiro de 2023, dunha furgoneta con matrícula 3577 MKB totalmente adaptada, con capacidade para 8 persoas (6 en asento do vehículo e dous en cadeiras de rodas), tendo unha opción alternativa de 9 prazas en asento.

O horario de servizo é de: Luns a Xoves de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30/ 20:00 Venres de 9:00 a 14:00

obxetivos

  • Dispoñer dun servizo porta a porta, dirixido a todas aquelas persoas cuxa enfermidade, asociada a unha discapacidade limítaos nos seus desprazamentos.
  • Ofrecer, na medida que a demanda o permita, unha alternativa aos servizos de autobús urbano, taxis ou outros servizos de transporte adaptado (065, empresas particulares,…).
  • Liquidar a dificultade que ocasiona non dispoñer de vehículo adaptado propio.
  • Potenciar a autonomía do usuario e favorecer o respiro familiar.
  • Axudar a mellorar a calidade de vida dos usuarios e a súa actividade social.
  • Axustar as necesidades económicas, horarias e asistenciais a cada un dos usuarios.
  • Colaborar co medio ambiente e reducir a contaminación.

 

O servizo xestiónase a través do servizo de traballo social, onde se entrega a solicitude de demanda de transporte, esta contén os datos persoais do usuario e os horarios de realización de actividades no centro por parte do mesmo. A demanda é presentada sempre por parte da entidade á cal pertence.

En coordinación coa responsable do servizo, determínase se se pode ou non atender a solicitude. A contestación realízase no menor tempo posible, procurando non exceda dos dous días a resposta. Se esta é positiva e aceptada polo usuario procédese a dar de alta ao mesmo. Asínase documentación do protocolo de normas de uso do transporte, protección de datos, entrégase copia debidamente selada e asinada ao usuario xunto á comunicación de horarios de recollida e comeza a prestación do servizo.