taller creativo

O taller creativo deu comezo en novembro do 2015. Realízase dous días á semana de 10.00-13.00. Acoden persoas con EM, pero está aberto a persoas que teñen unha enfermidade rara e/ou crónica.

metodoloxía

A persoa solicita o servizo en administración de ACEM e é coordinado por administrativa, encargada de impartir o taller ou traballadora social, encargada de asesorar á persoa sobre a actividade e así poder gozar dentro as súas capacidades.

Comunícaselle á profesional que imparte o servizo, que é a encargada de organizar a actividade, material e propostas de creación.

As persoas que participan expoñen en común os proxectos a realizar a semana anterior para que a profesional encárguese de prover o material necesario e dirixir a actividade.

Durante a actividade a través da creatividade poténcianse as capacidades funcionais da persoa, a participación social e o lecer.


obxectivos

  • Mellorar a mobilidade e forza nas mans
  • Potenciar as capacidades cognitivas
  • Potenciar a participación social.
  • Potenciar o lecer.
  • Favorecer o benestar físico e emocional a través da implicación na actividade.