Desde o servizo de administración realízanse numerosas e variadas xestións que reverten no correcto funcionamento da Asociación. Trátase da vía de entrada á entidade, por ser o primeiro contacto que a persoa ten unha vez que se comunica ACEM, ben a través do teléfono, correo electrónico, redes sociais ou de maneira presencial.
Algunhas das xestións que levan a cabo desde a administración son:
Xestión e coordinación de eventos solidarios (Barbería solidaria, Torneo de Pádel solidario,Día Nacional EM, charlas informativas…)
Actualización das redes sociais da asociación
Xestións relacionadas con mantemento do transporte, mensaxería, correos, recepción custodia e arquivo de documentos.
Xestión das actividades da Asociación
Apoio na preparación de documentos para as convocatorias de reunións de Xunta Directiva, de Asembleas, intermediación entre as demandas recollidas dos socios e a Xunta Directiva
Elaboración de artigos de prensa para a revista da Asociación Española
Procura recursos a través das convocatorias publicadas en distintos medios oficiais
Tratamento de datos
Xustificacións e documentación para as subvencións.