fisioterapia

En outubro de 2020 a asociación incorporou un novo servizo mediante a firma dun convenio de colaboración coa clínica Fisioterapeuta do Maior para ofrecer o servizo de fisioterapia a novos usuari@s. Os usuari@s do servizo teñen como característica común a diminución da capacidade física e da funcionalidade debido á súa patoloxía, e ademais, debido á súa cronicidade, a presenza destes síntomas físicos prolongarase no tempo, ou mesmo se agravará. Por todo iso a atención fisioterápica prestada contribúe ao control e melloría ou estancamento do estado de saúde e calidade de vida destas persoas a condición de que esta atención sexa continuada no tempo.

obxectivos

  1. Dar información ás persoas que padecen EM e ás súas familias sobre a patoloxía e os seus síntomas e técnicas para o seu tratamento.

  1. Facilitar o acceso de persoas que padecen unha EM ao tratamento fisioterápico dos seus síntomas no seu domicilio ou na clínica.

  1. Actuar na prevención de problemáticas afíns, como alteracións circulatorias e tróficas, complicacións respiratorias, alteracións musculoesqueléticas e ortopédicas, etc.

  1. Conseguir que as persoas afectadas logren no posible unha máxima capacidade funcional e independencia nas Actividades da Vida Diaria (AVD), logrando así incrementar a súa calidade de vida e a das súas familias.

  1. Fomentar a participación e iniciativa do paciente.

  1. Fomentar as súas relacións sociais.

  1. Favorecer a adherencia ao tratamento.