Dende o servizo de integración social búscase ofrecer alternativas, propostas ou oportunidades para evitar a exclusión social, xa que a interacción con outros é necesaria para ter estabilidade e saúde emocional.
Para iso, baséase na igualdade, por medio de diversas actividades onde se promove a autonomía persoal. Isto inclúe, traballar as súas capacidades físicas e fomentar o desenvolvemento de habilidades que promovan o autocoñecemento e as relacións sociais.
Ademais de promover a inserción e a participación, atopando un sentido de pertenza a un grupo de iguais. Tamén, a divulgación será necesaria para a concienciación da sociedade en xeral.
Principalmente a estudantes do ámbito social para dar a coñecer a enfermidade de EM. Polo que se realizan charlas informativas co motivo de concienciar sobre a enfermidade e dar visibilidade.
O análise da situación realízase a través a libre elección por parte da persoa afectada e/o familiar cando se fai difusión da actividade ou por análise mediante a observación directa e a recomendación da psicóloga ou traballadora social na primeira atención especializada.
Se entre esas necesidades, existe unha necesidade que coincida con algún dos obxectivos deste servizo co fin de axudar á persoa afectada e/o dos seus familiares.
A intervención dáse comezo unha vez finalizada a inscrición á actividade e establécense os obxectivos do taller que permitan unha mellora das habilidades para desenvolver os obxectivos persoais de cada persoa participante.
O seguimento será necesario para seguir fomentando a participación social para que exista continuidade e tratar de evitar o illamento social.
A avaliación realízase para comprobar que se alcanzaron os obxectivos establecidos ao principio do proceso de intervención. Avaliando tamén a satisfacción das persoas usuarias que participaron.
Xerais
– Mellorar a integración das persoas con EM na sociedade.
– Estimular a autonomía persoal e autodeterminación das persoas enfermas.
– Promover a participación social das persoas usuarias e os seus familiares
– Facilitar unha maior igualdade de oportunidades
– Favorecer o acceso igualitario a aquelas persoas con necesidades especiais
– Impulsar o desenvolvemento persoal do colectivo
– Sensibilizar á poboación sobre a EM
Específicos
– Promover accións encamiñadas a favorecer ou intensificar as relacións interpersoais das persoas usuarias.
– Favorecer o desenvolvemento de habilidades sociais e intelectuais das persoas afectadas
– Informar e asesorar sobre actividades culturais ou de lecer, charlas ou talleres de interese doutras entidades para as persoas afectadas.
– Promover a ocupación do lecer e tempo libre.
– Facilitar alternativas de lecer saudable
– Concienciar sobre a enfermidade de EM a persoas afectadas e a súa contorna mediante talleres grupais informativos.
– Estimular a concienciación da EM mediante charlas en centros de FP do ámbito social.