3 de Xaneiro de 2024
  • A actuación enmarcouse dentro do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’, cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF e xestionados pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM).
  • A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) puido ofrecer o servizo grazas ás subvencións que as persoas contribuíntes derivaron marcando o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’ na declaración da renda.
  • Este servizo tivo como obxectivos a mellora das capacidades cognitivas afectadas, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con EM da cidade da Coruña. 

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) ofreceu durante o 2023, dentro do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’, mediante o cal, un total de 9 persoas se beneficiaron del nos meses de xuño a decembro.

Dito programa foi cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7% do IRPF das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’, a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social. Esta subvención foi xestionada dende a Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) a través do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’.

O servizo, destinado ás persoas con Esclerose Múltiple de Coruña tivo por obxectivos mediante as sesións grupais realizadas, potenciar a recuperación das capacidades cognitivas, facilitar estratexias de compensación e sustitución e proporcionar apoio emocional para facilitar o proceso de adaptación a nueva situación das persoas usuarias.

ACEM Esclerosis