A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) realizou durante este ano 2025 o Programa de acollida e información a persoas con esclerose múltiple e familiares, co que un 20 de persoas afectadas de EM e os seus familiares da provincia da Coruña recibiron durante os meses de xaneiro a xullo apoio psicolóxico para o afrontamiento da enfermidade e novas situacións que poidan ir xurdindo por mor desta.
Mediante este programa, persoas afectadas de EM recibiron sesións de terapia psicolóxica individual co obxectivo de acompañar a estes usuarios durante o proceso de aceptación e adaptación á enfermidade, proporcionándolles recursos para afrontar os cambios emocionais e físicos que conleva, mellorar o estado de ánimo e aprender a manexar o estrés e a ansiedade que pode supoñer o proceso variante e impredicible da enfermidade. Este apoio psicolóxico tamén permitiu un espazo para o desafogo e a expresión emocional, o fortalecemento da autoestima e a autonomía persoal, o que impacta positivamente na calidade de vida das persoas afectadas e os seus familiares.
Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades de COCEMFE.
